Senior: Santo Domingo Betanzos 83-89 CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 01/12/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 40-70 ADFRO · 30/11/2019 16:00 Pazo dos Deoortes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 38-41 KFC Culleredo · 30/11/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Trebóns BC Esclavas 67-51 CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div · 30/11/2019 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Cadete: Esclavas 45-56 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 01/12/2019 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div 81-31 Maristas Champagnat · 30/11/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santa María del Mar B 11-62 CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 01/12/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div 24-74 BV Asesores Los Rosales · 01/12/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña Leyma U11 61-11 CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 30/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo || Alevín: Calasanz 47-30 CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 30/11/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: KFC Culleredo Amarillo 41-50 CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 30/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

AS BAIXAS LASTRAN O CB ARTEIXO DUACODE

Sénior Masculino 2ª
29 Xaneiro 2019
AS BAIXAS LASTRAN O CB ARTEIXO DUACODE

CB ARTEIXO DUACODE 42 - 62 CB CELTAS CCA FOZ (20-20, 11-06, 02-25, 09-11)

Acudía o encontro o senior de segunda con ata 6 baixas, a saber: Nacho, Cochón, Andrés, Antelo, Iago e Rober. E nada máis sair o campo Simón sofre unha escordadura de nocello, estaba claro que non era o noso día...

Así e todo a primeira parte estivo moi ben xogada por parte dos xogadores de Arteixo, que movendo a bola con intelixencia encontraban as ventaxas para tirar ou penetrar, na defensa os problemas eran grandes ante a superioridade física dos focenses.

No segundo cuarto a defensa dos locáis foi case que perfecta deixando os visitantes en tan so 6 puntos, unha mágoa nesta primeira parte ter desaprobeitado 5 situacións moi sinxelas de canastra para poñer algo de terra de por medio para os malos momentos que estaban por vir.

Tras o descanso os de Celtas de Foz sairon a pista con moita máis intensidade e plantados nunha defensa zonal, aprobeitando que os locáis non dispoñían de xogo interior, foron afogando o ataque arteixán, que quedou neste cuarto en tan so 2 puntos. Por contra no ataque tiveron un acerto dende a liña de 3 espectacular anotando ata 5 triplas neste periodo.

No último cuarto os do CB Arteixo Duacode sacaron forzas de non se sabe donde e mesmo presionaron en toda a pista  chegando a colocarse preto dos 10 puntos de diferenza pero as forzas xa non daban para moito máis e os focenses levaron a victoria para a Mariña.

Este tropezo non debe ser ningún paso atrás para un equipo que tiña moitas baixas para xogar contra un dos mellores equipos da competición. É máis, o esforzo e o carácter amosado na tarde do sábado no Pazo deben servir para seguir medrando como conxunto.

Este fin de semana con a maioría dos xogadores a disposición de Iván García hai que voltar a dar un paso o frente contra Compañía de María de Santiago.

 

XOGARON E ANOTARON: CONCHADO 19, JESÚS 10, DE LA RIVA 6, OCAMPOS 7, ESCARIZ, HUGO VAL, SIMÓN E VICTOR


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.