Senior: Santo Domingo Betanzos 83-89 CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 01/12/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 40-70 ADFRO · 30/11/2019 16:00 Pazo dos Deoortes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 38-41 KFC Culleredo · 30/11/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Trebóns BC Esclavas 67-51 CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div · 30/11/2019 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Cadete: Esclavas 45-56 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 01/12/2019 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div 81-31 Maristas Champagnat · 30/11/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santa María del Mar B 11-62 CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 01/12/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div 24-74 BV Asesores Los Rosales · 01/12/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña Leyma U11 61-11 CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 30/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo || Alevín: Calasanz 47-30 CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 30/11/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: KFC Culleredo Amarillo 41-50 CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 30/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

AS BAIXAS E O SEGUNDO CUARTO MARCARON O PARTIDO

Cadete Masculino 2ª
18 Abril 2019
AS BAIXAS E O SEGUNDO CUARTO MARCARON O PARTIDO

BASQUET CORUÑA U16 52 - 31 CB ARTEIXO DUACODE

10-7, 22-5, 11-5, 9-15

O partido estivo marcado pola ausencia de ata 8 xogadores do equipo por diversas razóns. Así chegamos con só 5 xogadores do equipo  e a axuda de Juan e Mateo do equipo infantil que debutaban co equipo e na categoría que fixeron un gran traballo sen notar practicamente que era a primeira vez que xogaban na categoría cadete sendo xogadores de primeiro ano infantil.

Con esta situación, os xogadores fan un bo traballo de intensidade e concentración que mantén o partido igualado neste primeiro cuarto. O único pero, son as perdas de balón que nos obrigan a facer un esforzo extra na defensa.

No segundo cuarto, estas perdas de balón condenan ao equipo. Provocan unha chea de canastras doadas dos locais sen oposición que levan o marcador a unha diferencia de 20 puntos ao descanso que nos deixa case imposible a remontada.

Pero despois do descanso os xogadores fan un esforzo grande e non dan o partido por perdido. No terceiro cuarto non somos quen de rebaixar a distancia (incluso aumenta en 6 puntos) pero non se baixan os brazos e seguimos a pelexar tódolos balóns.

E no último cuarto, seguimos a traballar como se o partido estivese igualado a pesares de empezar 26 puntos abaixo. E, froito de este traballo, somos capaces de gañar o parcial do cuarto e rebaixar a distancia final.

Xogaron Anás, Víctor, Juan, Iago, Mateo, Gabriel e Pedro. Non puideron xogar por diferentes motivos Samuel, Ronny, Manu, Gonzalo, Andrés, Miguel, Abel e Ángel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.