|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

AS BAIXAS E O SEGUNDO CUARTO MARCARON O PARTIDO

Cadete Masculino 2ª
18 Abril 2019
AS BAIXAS E O SEGUNDO CUARTO MARCARON O PARTIDO

BASQUET CORUÑA U16 52 - 31 CB ARTEIXO DUACODE

10-7, 22-5, 11-5, 9-15

O partido estivo marcado pola ausencia de ata 8 xogadores do equipo por diversas razóns. Así chegamos con só 5 xogadores do equipo  e a axuda de Juan e Mateo do equipo infantil que debutaban co equipo e na categoría que fixeron un gran traballo sen notar practicamente que era a primeira vez que xogaban na categoría cadete sendo xogadores de primeiro ano infantil.

Con esta situación, os xogadores fan un bo traballo de intensidade e concentración que mantén o partido igualado neste primeiro cuarto. O único pero, son as perdas de balón que nos obrigan a facer un esforzo extra na defensa.

No segundo cuarto, estas perdas de balón condenan ao equipo. Provocan unha chea de canastras doadas dos locais sen oposición que levan o marcador a unha diferencia de 20 puntos ao descanso que nos deixa case imposible a remontada.

Pero despois do descanso os xogadores fan un esforzo grande e non dan o partido por perdido. No terceiro cuarto non somos quen de rebaixar a distancia (incluso aumenta en 6 puntos) pero non se baixan os brazos e seguimos a pelexar tódolos balóns.

E no último cuarto, seguimos a traballar como se o partido estivese igualado a pesares de empezar 26 puntos abaixo. E, froito de este traballo, somos capaces de gañar o parcial do cuarto e rebaixar a distancia final.

Xogaron Anás, Víctor, Juan, Iago, Mateo, Gabriel e Pedro. Non puideron xogar por diferentes motivos Samuel, Ronny, Manu, Gonzalo, Andrés, Miguel, Abel e Ángel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.