Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

ARRANCA O SENIOR DE SEGUNDA

Sénior Masculino 2ª
20 Setembro 2019
ARRANCA O SENIOR DE SEGUNDA
ARRANCA O SENIOR DE SEGUNDA

Na tarde-noite de onte arrancaba unha tempada moi ilusionante do CB Arteixo Duacode de segunda división, na que o equipo debe dar un paso a o frente e consolidar todo o feito no ano precedente.

Visitaba o Pazo dos Deporte un conxunto de categoría superior que o ano anterior loitara polo ascenso a Liga EBA, o que supoñería unha bóa pedra de toque apra os Arteixáns.

A espensas de pechar o plantel definitivamente o conxunto local presentaba 3 novidades: o pivot Jorge Vázquez, o ala-pivot Jorge Álvarez e o aleiro Samuel. O núcleo do plantel mantíñase da tempada anterior a espera do regreso de Andrés Sanmartín a pricipios do mes de outubro por temas laboráis e saber que pasa definitivamente coa lesión de Roberto Vilariño.

O encontro comezaba con dúbidas por parte dos locáis moi pouco traballados tácticamente ata a data, sen embargo a actividade defensiva e o ritmo eran moi bos. Moita igualdade neste primeiro periodo. No segundo cuarto os arteixáns foron axustando o seu xogo lembrando conceptos do ano anterior e o balón comezou a circular con máis criterio. A defensa neste momento xa era moi boa e os ferroláns tan só anotaron 10 puntos neste parcial.

Tras o descanso chegou o desastre...

Un parcial de 14 a 2 dáballe a volta o luminoso. Si ben no ataque as cousas non ían mal de todo (errando algunha canastra sinxela) na defensa perdeuse o norte totalmente e os visitantes non perdoaron, anotando continuamente.

No cuarto definitivo as augas voltaron o seu cauce, pero xa con ventaxas continuas para os visitantes que rondaban os 10 puntos. Os do CB Arteixo ahí si sacaron a casta e pelexaron ata o final pero non foron quen de reducir as diferenzas para ter opción de victoria.

CB ARTEIXO DUACODE 54 - 68 BBCA (14-15, 17-10, 09-29, 14-14)

Xogaron e anotaron: JORGE V., IAGO 5, NACHO 3, CONCHADO 5, ANTELO 5, JORGE A. 4, OCAMPOS 4, SIMÓN 8, ESCARIZ 2, COCHÓN 13, JESÚS 3 E SAMUEL 2.

Lóxicamente queda moito por mellorar, pero a lectura do encontro ten que ser positiva, cun tirmo de xogo alto e unha defensa a moi bo nivel durante boa parte do encontro. O aspecto do xogo a mellorar con urxencia é no ataque posicional, onde hai que recuperar o movemento dos xogadores e do balón.

PERO...ESTAMOS NO CAMIÑO!!

Por último agradecer o conxunto ferrolán a súa visita e esperamos que non sexa a última e poder seguir xogando encontros de preparación en vindeiras tempadas.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.