|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

ÁNGEL HERNÁNDEZ VISITA O XI CAMPUS C.B. ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO

10 Xullo 2018
ÁNGEL HERNÁNDEZ VISITA O XI CAMPUS C.B. ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO
ÁNGEL HERNÁNDEZ VISITA O XI CAMPUS C.B. ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO ÁNGEL HERNÁNDEZ VISITA O XI CAMPUS C.B. ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO ÁNGEL HERNÁNDEZ VISITA O XI CAMPUS C.B. ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO ÁNGEL HERNÁNDEZ VISITA O XI CAMPUS C.B. ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO

O pasado xoves contamos no noso Campus C.B. Arteixo Duacode-Concello de Arteixo coa visita de Ángel Hernández, capitán do Basquet Coruña de LEB Oro, o cal deleitou ós nosos participantes e adestradores coa súa presencia e as súas historias relacionadas co baloncesto e os estudos.

Despois dunha breve introducción da súa carreira como xogador profesional (C.B. Granada e Basquet Coruña) e como estudante (estudante de Medicina na USC), os nosos participantes e adestradores poideron realizarlle preguntas para coñecer máis de preto a andaina de Ángel no mundo do baloncesto e como compaxinar a esixencia dos estudos e dunha carreira como Medicina co deporte profesional.

Coa súa simpatía e educación, Ángel fixo que os nenos e nenas do noso campus disfrutasen realizando as preguntas e estando moi atentos ás súas interesantísimas respostas sobre aspectos moi diferentes. Falounos sobre os seus debuts nos diferentes equipos e categorías;  sobre como foi a súa marcha da casa a Granada ós 15 anos; sobre como compaxinar estudos e deporte profesional e as horas que adica e adicaba a estudar; sobre como deixar os nervos fóra antes de competir; e sobre moitas cousas máis, as cales fixeron da súa visita unha aprendizaxe moi importante para os nosos nenos, nenas e adestradores.

De feito, case nos pechan o pavillón de tantas preguntas que lle fixemos a Ángel e o tempo que estivo connosco, sempre disposto a compartir impresións cos nosos nenos e nenas.

Dende o C.B. Arteixo Duacode queremos agradecer a Ángel que viñese ó noso campus a compartir un momento cos nosos nenos e nenas (facendo un oco no seu horario de estudo) e sobre todo pola súa amabilidade e empatía cos pequenos e pequenas á hora de falar con eles.

Tamén queremos agradecer ó Club Basquet Coruña que lle permitise a Ángel acudir ó noso campus como invitado.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.