Senior: Compañía de María - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 15/02/2020 20:00 Compañía de María - Santiago || Junior: Emergal Formación CB Terra Chá - CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div · 16/02/2020 17:00 Pavillón Vilalba || Junior: Basquet Coruña U17 - CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div · 15/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo - A Coruña || Cadete: Turismo Caballo Artai EBX - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 16/02/2020 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Infantil: Laracha Ferretería Carballido - CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 15/02/2020 18:00 IES Agra de Leborís - A Laracha || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div - Clínica Dental Noa García Xiria · 16/02/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 15/02/2020 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div - KFC Culleredo Amarillo · 15/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: Esclavas - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 15/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

A TODA VELOCIDADE

Infantil F 2ª Div
13 Novembro 2019
A TODA VELOCIDADE
A TODA VELOCIDADE

Así pódese resumir o encontro das nosas que imprimiron un ritmo o choque altísimo, tanto na defensa coma no ataque. Deste xeito, e cunha rotación ampla foron quen de gañar o segundo encontro da tempada.

Inicio de encontro sensacional para as do CB Arteixo que facían unha defensa boísima que permitía moi poucas opcións de canasta as colexiais. No ataque o ritmo que se quería impoñer levaba a certa precipitación.

No segundo cuarto as cousas igualáronse moito, sobre todo porque baixou un chisco o traballo defensivo, e no ataque o acerto tamén baixou.

Tras o descanso as visitantes fixeron un gran baloncesto, con rápidas transicións, e tamén vos momentos no ataque posicional, ademáis o acerto de cara o aro si que acompañou con 24 puntos no terceiro cuarto e 23 no último.

En definitiva, un encontro que debe marcar o inicio do que debe ser o equipo o resto da tempada, cunha anotación moi coral, con puntos en case que todas as xogadoras, en moitos casos por enriba dos 10 puntos.

COMPAÑÍA DE MARÍA AZUL 35 - 81 CB ARTEIXO DUACODE (4-19, 10-15, 9-24, 12-23)

Xogaron polo CB Arteixo: Carla, Xoana, Sabela, Aitana, Sara, Zeltia, Claudia, Antía V., Antía L., Andrea, Marta e Paloma. Tamén asistiron o encontro Graciela, Uxía e Awa.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.