|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

A SEMIS!!

Infantil Feminino 2ª
16 Maio 2019
A SEMIS!!
A SEMIS!!

CB ARTEIXO DUACODE 68 - 38 COMPAÑÍA DE MARÍA B (17-10, 25-09, 12-10, 14-09)

Moi bo encontro o que xogaron as rapazas do infantil feminino no Pazo dos Deportes ante un conxunto coruñés que xa puxera en moitos atrancos as nosas nos dous encontros de liga regular.

Pero nesta ocasión as nosas amosáronse superiores en tódalas facetas do xogo, pero sobre todo na ofensiva onde nun segundo cuarto extraordinario as do CB Arteixo anotaron 25 puntos, desarbolando por completo as colexiais. O ritmo de xogo na primeira parte foi frenético para chegar o intermedio con 42 puntos anotados.

Na segunda parte a producción ofensiva, como era lóxico, baixou pero na defensa as de Iván García seguiron apretando para gañar os dous cuartos, aínda que con pequenos marxes.

Finalmente victoria merecida para as arteixáns que chegan a semifináis de copa que xogarán contra o Santo Domingo de Betanzos na tarde do sábado no Pazo dos Deportes.

Vínde a animar!! precisamos da vosa axuda para estar na FINAL de COPA!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.