Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

A MALA DEFENSA IMPÍDENOS PELEXAR POLA VICTORIA

Cadete M 2ª Div
14 Novembro 2019
A MALA DEFENSA IMPÍDENOS PELEXAR POLA VICTORIA

BASQUET CORUÑA U15 84-58 CB ARTEIXO DUACODE

19-16, 27-12, 21-14, 17-16

Empeza o partido con iguladade no marcador. Os dous equipos xogan con comodidade no ataque e as defensas non poñen moitas dificultades.

O segundo cuarto empeza igual, pero según vai avanzando o cuarto, a presión dos locais vai poñendo as cousas máis complicadas para os nosos. E na última parte deste segundo cuarto recuperan varios balóns e destácanse no marcador.

No terceiro cuarto a defensa non funciona e permite aos coruñeses anotar con facilidade e no ataque pérdense varias posesións o que fai que a distncia no marcador vaia en aumento.

No último cuarto, xa con todo decidido, o partido iguálase e a distancia non aumenta máis.

Debemos pensar que se non traballamos na defensa vai ser moi complicado poder competir en cada partido, que é o principal obxectivo que nos marcamos para esta tempada.

Xogaron Víctor, Teo, Manu, Gael, Gonzalo, Gabriel, Pedro, Hugo e Ángel. Non puideron xogar Andrés e Abel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.