Cuarto e último encontro para o Benxamíns do CB Arteixo que esta vez enfrontouse ao primeiro clasificado do grupo, o equipo de KFC Culle. O xogo resolveuse cunha nova derrota para os nosos rapaces.
Nos primeiros cuartos, o equipo de Culleredo chegou moito máis concetrado ao xogo e conseguiu unha gran diferenza sen resposta dos Arteixáns. Despois do descanso, chegaron os mellores momentos dos nosos que, cun cambio de actitude, lograron atopar espazos na defensa rival.
Unha vez finalizada a primeira fase, os benxamíns terminan como o último conxunto do grupo, clasificado para formar parte do grupo 3.
Toca traballar duro para afrontar a segunda fase con ganas e ilusión.