SANTO DOMINGO DE BETANZOS 33 - 37 CB ARTEIXO DUACODE (05-11, 05-10, 15-12, 08-04)
Como xa se sabía tódolos encontros de esta segunda fase ían ser igualados e moi competidos, e o da mañán de domingo en Betanzos non foi unha excepción.
Comezaban as arteixáns moi ben na defensa nos dous primeiros cuartos, o que xa e un sinal de identidade das nosas rapazas. Sen embargo o ataque era moi frouxo un día máis con moito desacerto de cara o aro. Así e todo a ventaxe era cómoda o descanso nun encontro de poucos puntos.
Tras o parón as cousas cambiaron moito, a desconcentración defensiva foi a tónica dominante no terceiro cuarto, onde as locáis anotaron máis que nos dous primeiros xuntos. Menos mal que este periodo tamén foi o mellor en canto a anotación das do CB Arteixo Duacode para minimizar os danos antes de entrar no cuarto definitivo.
Voltaron aquí as arteixáns a amosar unha férrea defensa que lles permitía correr o contraataque, sen embargo o acerto de cara o aro era nulo, tendo ata catro oportunidades de ir pechando o encontro, pero non ían a acertar e tocaría sufrir ata o final. Aínda que ahí amosarían de novo as nosas xogadoras un carácter gañador espectacular para aguantar o arreón final das betanceiras e traer unha meritoria victoria para Arteixo.
Agora veñen dous encontros fora da casa que van marcar a clasificación final neste grupo de tanto nivel.
XOGARON POLO CB ARTEIXO DUACODE: ANTÍA RODRÍGUEZ, ANTÍA LÓPEZ, MARTA, ANDREA, CARLA, XOANA, SABELA, UXÍA, SOFÍA, LUCÍA E ZELTIA