|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 59-67 Oleiros · 25/01/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 56-59 KFC Culleredo · 25/01/2020 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div 31-95 Basquet Coruña J · 26/01/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U16/15 48-57 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 26/01/2020 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: Obradoiro 24-53 CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 25/01/2020 12:00 Colexio Obradoiro - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div 54-58 Basquet Coruña U14 · 26/01/2020 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Compañía de María 63-53 CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 25/01/2020 18:00 Colexio compañía de María - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div 42-30 Compañía de María Azul · 25/01/2020 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Alevín: Liceo La Paz Blanco - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 25/01/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

UN GRAN DÍA DE BALONCESTO NO XXIII TORNEO MARISTAS

UN GRAN DÍA DE BALONCESTO NO XXIII TORNEO MARISTAS
30
Dec
2017
UN GRAN DÍA DE BALONCESTO NO XXIII TORNEO MARISTAS UN GRAN DÍA DE BALONCESTO NO XXIII TORNEO MARISTAS UN GRAN DÍA DE BALONCESTO NO XXIII TORNEO MARISTAS UN GRAN DÍA DE BALONCESTO NO XXIII TORNEO MARISTAS
Del 30/12/2017 a las 10:00 al 30/12/2017 a las 23:00

Ás nove e media do día 30 presentábase una ampla delegación do CB Arteixo Duacode no pavillón de Maristas Coruña para pechar o ano facendo o mellor que sabemos facer: xogar ó baloncesto.
Os equipos que finalmente ían a participar do torneo eran o infantil, o cadete e o junior masculino. Todos eles tiñan que xogar 2 encotros, primeiro as semifináis e despois ,dependendo do resultado, as fináis ou os terceiros e cuartos postos.


Os primeiros en xogar foron os infantís que se enfrontaron o equipo local, o encontró foi moi igualado, ainda que ó marcador sempre estivo dominado polos arteixáns con diferenzas mínimas. Nos últimos minutos o encontro parecía sentenciado pero un arreón dos colexiais puxo en perigo a presenza dos do CB Arteixo Duacode na final, aínda que finalmente foron quen de resistir.


Despois foi o turno dos Cadetes ainda que para ver este encontro houbo que esperar ata a 13 horas, mentras tanto baloncesto e máis baloncesto como espectadores.
O cadete tivo que xogar contra Santo Domingo de Betanzos, nun econtro marcado polos rápidos contraataques dos de Arteixo, que ameazaron xa dende o comezo con rachar o partido, pero nunca o chegaron a facer de todo. En calquera caso a victoria non perigou e a segunda final estaba no peto.


Por último, e sen tempo para respirar, chegou o turno do junior que se enfrontaba a Basquet Coruña nun partido que foi moi semellante o dos cadetes, pero con ventaxas un tanto máis curtas, xa que o acerto no ataque posicional non era moi alto. En calquera caso a defensa si que estaba a funcionar e as ventaxas foron constantes para acadar a victoria final e sumar o 3 de 3 do CB Arteixo Duacode.


Despois de repoñer forzas a base de bocatas a tarde tería os nosos rapaces nas tres fináis, que curiosamente se desenrolaron máis ou menos polo mesmo camiño aínda que con resultados ben diferentes.


Os infantís non tiveron opción ante un Basquet Coruña superior físicamente, aínda que os nosos rapaces pelexaron todo o partido e deron moi boa imaxe, acadando unha segunda posición moi meritoria.


Os junior non tiveron a súa mellor tarde, e cun xogo algo precipitado no ataque foron perdendo opción a cada minuto de encontro que ía pasando, para terminar perdendo claramente contra o clube organizador.


Por último tocounos desfrutar da boa final que xogaron os nosos cadetes, que voltaron a xogar un encontro moi serio, cunha boa defensa e rápidos contraataques foron sempre diante no marcador, aínda que as diferenzas foron mínimas durante o partido. Cara o final un pequeno empurrón dos arteixáns fixo que o final do encontro fora máis prácido do esperado.


Tras os encontros chegaron os míticos concursos do torneo de Maristas: tiros libres, triples e a canasta imposible. Os nosos foron participando en todos pero con escasa puntería e sorte ata que no último concurso o nosos Hugo anotou dende o medio do campo para ledicia de toda a representación do CB Arteixo.


Por último para pechar un gran día de baloncesto a entrega de trofeos, onde o botín non estivo nada mal:
Cadete masculino campión
Infantil masculino subcampeón
Junior masculino subcampeón
Elexidos nos mellores quintetos: Gonzalo Ponte (infantil), Simón Souto (cadete) e Daniel Alonso (junior)
E ata levamos un MVP o mellor xogador cadete con Iago Abelenda!!
En definitiva, unha xornada inesquecible, con moito baloncesto e moito bo humor por parte de tódolos participantes.
Dar as grazas o comportamento excelente de tódolos nosos xogadores e en especial o Club Baloncesto Maristas por a invitación e a boísima organización durante todo o día. Para o ano esperamos repetir!


Compartir en:

Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.