Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

NO NADAL NON PARAMOS

NO NADAL NON PARAMOS
25
Dec
2017
Del 25/12/2017 a las 18:00 al 07/01/2018 a las 23:00

O pasado xoves día 4 de xneiro remataron as primeiras xornadas de tecnificación de Nadal do CB Arteixo Duacode Concello de Arteixo. Unha experiencia fantástica dende o punto de vista dos adestradores do club, que poideron intercambiar entre eles impresións á hora de traballar diferentes aspectos da técnica individual, así coma desfrutar tamén dos progresos dos xogadores e xogadoras.


Ás xornadas asistiron en diferentes sesións e grupos 65 xogadores e xogadoras do noso club con idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos.


As sesións estiveron marcadas pola concentración e o esforzo de tódolos participantes, que traballaron diferentes aspectos da técnica individual, dende o tiro ata pase e o bote, pasando pola técnica individual defensiva. Aínda que a estrela das xornadas foi o tiro, que se traballou progresivamente en cada unha das sesións.


Finalmente de despedida das xornadas xogáronse tamén partidos de 3x3 para relaxar tanta concentración.


Esperamos dende o CB Arteixo que todos e todas disfrutarades moito do traballo feito durante o Nadal, e que queirades repetir nas seguintes xornadas de tecnificación que se levarán a cabo en vindeiras datas, moitas grazas polo voso compromiso e esforzo.
Agora a seguir traballando duro na segunda parte da tempada.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.